O grupo PEGADAS Autores da colección

XoseLastra2

Xosé Lastra Muruais (coordinador)

Exerceu como mestre  de Educación Primaria en colexios de Ferrol, A Coruña, Terrassa e novamente Ferrol. Foi director dos colexios de Punta Arnela, A Laxe-Valón e Manuel Masdías. Actualmente está xubilado.

Membro fundador do grupo Avantar e de Nova Escola Galega, da que pertenceu ao seu secretariado nacional moitos anos, foi presidente no período 2004-08 e actualmente vicepresidente. Coautor e/ou coordinador dos dous modelos de normalización lingüística para o ensino publicados por NEG e membro da Coordinadora e da Mesa estatal de Movementos de Renovación Pedagóxica. Coordinador e/ou coautor de diferentes materiais relacionados coa lingua galega, coas ciencias sociais e naturais ou coa súa didáctica no ensino: Dicionario Xerais da Lingua; as series O Noso Galego, Canles, Ámote, mundo!, Nobelos de papel, Labia, Lingua, Os libros de Merlín, Colección Merlín de literatura infantil… editados por Edicións Xerais.

Ficha do autor en Xerais
rosana2

Rosana Rodiles Lamas

Mestra desde 1987 en centros públicos da Pobra do Caramiñal (Pilar Maestu Sierra, Cadreche), Ferrol (Ferrol Vello e Manuel Masdías), Fisterra (Mar de Fóra), O Barqueiro (Francisco López Estrada) e actualmente en Ferrol (Pazos), onde é Responsable da Biblioteca Escolar (Biblioteca Xoán Farias) dende 2004.

Forma parte do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e de AGABEL (Asociación Galega polas Bibliotecas Escolares e a Lectura).

É coautora d’Os Libros de Merlín: Lecturas de 3º a 6º  de Educación Primaria, editados por Edicións Xerais.

Ficha da autora en Xerais
marga

Marga Pernas Pernas

Exerceu como mestra de Educación Primaria en colexios de Fene, A Coruña, Terrassa e Ferrol (Catabois, Punta Arnela, A Laxe-Valón e Manuel Masdías). Actualmente está xubilada.

Formou parte da fundación do grupo Avantar e na do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega –á que segue pertencendo na actualidade- e é coautora de diferentes materiais relacionados coa lingua galega ou coa súa didáctica no ensino: as series O Noso Galego, Canles, Os libros de Merlín… editados por Edicións Xerais.

Ficha da autora en Xerais
oscar

Óscar González Montañés

Mestre dende dende 1986, coas especialidades de Ed. Infantil e Primaria. Exerceu ata 2007 como mestre de Educación Infantil e ata a actualidade como mestre de Educación Primaria. Foi Xefe de estudos do CEIP Manuel Masdías, de Caranza – Ferrol, desde 1994 ata 2010 e actualmente é director deste centro público.

Forma parte do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega e é coautor d’Os Libros de Merlín: lecturas de 3º a 6º de Educación Primaria, editados por Edicións Xerais.

Ficha do autor en Xerais