Política de privacidade

No noso afán por respectar a privacidade de todos os usuarios, elaboramos esta política de confidencialidade para o uso daqueles datos obtidos a través das nosas páxinas en Internet. Esta política atópase reflectida nas seguintes normas, que poden ser actualizadas periodicamente, polo que os usuarios deberan ler as mesmas cada vez que accedan ao mesmo.

Vostede poderá decidir libre e voluntariamente se desexa subministrar información a Edicións Xerais de Galicia S.A., con ocasión da sucripción ou alta nalgún dos servicios e/ou promocións ofrecidos por medio do seu sitio ou dos de Grupo Anaya S.A. en Internet.

En cumprimento da Lei Orgánica 5/92 de 29 de Outubro do Tratamento Automatizado de Datos (“LORTAD”), Edicións Xerais de Galicia S.A. comunica a usuarios e visitantes as seguintes consideracións:

Tipo de información solicitada

Cando se rexistre para recibir os nosos servicios, vostede proporcionará voluntariamente a información persoal que se lle solicite en cada caso. Tamén lle será solicitada dita información noutras oportunidades, como por exemplo, cando participe en promocións auspiciadas por Edicións Xerais de Galicia S.A. ou no seu caso por Grupo Anaya S.A.

Finalidade da recompilación de datos

O propósito de Edicións Xerais de Galicia S.A. cando reúne información persoal dos seus usuarios, é ofrecer un servicio o máis personalizado posible. Gracias a esta información Edicións Xerais de Galicia S.A. estará en condicións de ofrecerlle un mellor servicio,con contidos acordes coas súas necesidades e intereses.

Confidencialidade da información

Edicións Xerais de Galicia S.A. non revelará os datos persoais que poidan servir para identificalo en forma individual, incluída a información que vencelle o seu nome de usuario no sitio www.xerais.e co seu verdadeiro nome, agás que teña expresa autorización, ou cando lle fose requirido por orde xudicial ou legal, ou para protexer os dereitos de Edicións Xerais de Galicia. S.A.

Os acordos específicos de aceptación de condicións por parte dos usuarios, e as regras dos concursos e as promocións, tamén poden incluír detalles sobre o uso compartido da información.

Edicións Xerais de Galicia S.A. pode divulgar estatísticas globais dos usuarios para describir os nosos servicios aos socios potenciais, anunciantes e outros terceiros, ou para outras fins lexítimas.

Os empresarios, patrocinadores e outros socios aos que se acceda a través do sitio www.xerais.es, poden ter prácticas independentes de privacidade e recompilación de datos. Edicións Xerais de Galicia S.A. non se fai responsable das súas políticas ou do emprego que fagan dos datos. Se desexa máis información sobre esas políticas, recomendamos visitar a súa páxina principal e seleccionar o enlace que leva á páxina con información sobre este aspecto.

Protección contra terceiros

Edicións Xerais de Galicia S.A. adoptou medidas de seguridade de protección de datos e instalou todos os instrumentos técnicos ao seu alcance para evitar a perda, uso indebido, alteración, acceso non autorizado ou roubo dos datos persoais que lle fosen facilitados. Isto non obstante, o usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables. O usuario acepta que Edicións Xerais de Galicia S.A. non será responsable polos danos, de calquera natureza, que poidan derivarse para o mesmo ou para terceiros, derivados directa ou indirectamente do uso sitio.

Así mesmo, os sitios e servicios de Internet aos que accede a través de www.xerais.es, poden recabar información sobre a súa persoa pedíndolla directamente e ter procedementos de reunión de información e privacidade propios, independentes dos de Edicións Xerais de Galicia S.A. Edicións Xerais de Galicia S.A. non ten responsabilidade por esas accións ou políticas independentes.

Rexistro de enderezos IP

Edicións Xerais de Galicia S.A. rexistra enderezos IP. Os enderezos IP son importantes para facer un seguimento da sesión dun usuario. Isto lle dá a Edicións Xerais de Galicia S.A. unha idea de qué partes do noso sitio web están sendo visitadas polos usuarios. Non establecemos enlaces entre os enderezos IP e ningún dato que permita facer unha identificación persoal dos usuarios. Isto significa que anque se faga un seguimento da súa sesión, esta permanecerá totalmente no anonimato.

Envío de correos promocionais

Edicións Xerais de Galicia S.A. poderá enviarlle, se vostede nalgún momento proporcionou o seu enderezo de correo electrónico, información relacionada coas súas páxinas en Internet e outros productos e servicios que considere poden chegar a ser do seu interese. Sempre terá a opción de darse de baixa da lista de xeito que non recibirá máis esta clase de mensaxes.

Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal

De acordo co establecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, vostede ten en todo momento a posibilidade de acceder aos datos que proporcionara, modificalos, eliminalos ou opoñerse a eles, para o cal pode dirixirse por correo electrónico a administrador@xerais.es, ou se o prefire, tamén por escrito (non se esqueza de incluír o seu nome, enderezo postal e / ou enderezo de correo electrónico) a:

Edicións Xerais de Galicia S.A.
R/ Doutor Marañón 12 baixo
E-36211 Vigo
España

Aceptación dos termos

Se o usuario utiliza os servicios proporcionados a través do sitio de Edicións Xerais de Galicia S.A. www.xerais.es, significa que leu, entendeu e acepta en forma expresa os termos antes expostos. Entenderase así mesmo que cada vez que o usuario acceda ao sitio, acepta de forma expresa as normas de privacidade vixentes. Se non está de acordo con elas, o usuario non deberá proporcionar ningunha información persoal, nin utilizar o servicio porque non está autorizado para facelo.

Copyright ©2013 Edicións Xerais de Galicia S.A